O cura de Sanxenxo que pegou a un veciño pide desculpas e presenta a súa renuncia

O Arcebispado confiou en que "o sucedido" non "entorpeza a vida de entrega e servizo que a Igrexa brinda a toda a sociedade"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2024 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

O cura da parroquia de Bordóns, no municipio pontevedrés de Sanxenxo, denunciado por losquear a un veciño da localidade, pediu desculpas polo sucedido e presentou a súa renuncia.

Así o confirmou o Arcebispado de Santiago nun comunicado no que explica que o sacerdote presentou a súa renuncia como párroco de Bordóns, algo que foi aceptado.

Ademais, engade o comunicado, o ata agora cura desta parroquia expresou "o seu profundo pesar" polo acontecido ese día, "mostrándose arrepentido e pedindo as máis sinceras desculpas tanto ás persoas implicadas, como ao resto de fregueses".

No entanto, o Arcebispado confiou en que "o sucedido" non "entorpeza a vida de entrega e servizo que a Igrexa brinda a toda a sociedade".

Concello de Sanxenxo
Concello de Sanxenxo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta