Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/12/2015 | Actualizada ás 18:52
Euskaltel xuntou este xoves aos 200 empregados das diferentes empersas que forman o grupo R para tentar tranquilizalos tras a venda á operadora vasca. Na reunión presentouse Manuel Salavarría, o novo director.
Salavarría, un home da casa de Euskaltel onde leva 18 anos, substitúe no temón de R a Arturo Dopico. O exectivo galego, responsábel da operadora dende o seu nacemento, presentou a súa dimisión ao pouco de coñecerse a venda. Dopico non estaba dacordo coa operación, que consideraba irracional dende o punto de vista económico.
O novo responsábel anunciou a creación dun Comité Directivo de Integración liderado polo director xeral de Euskaltel, Fernando Ojeda, e que inclúe aos Comités de Dirección de ambas as empresas.
Salavarría prometeu que o proceso de integración conservará o o territorio de ambas as empresas, ademais das marcas e dos equipos profesionais.
R, ademais de ser a líder no mercado do cable no país, mantén importantes relacións comerciais con bastante contratistas que, loxicamente, están preocupados polos cambios que poidan resultar da chegada dos directivos vascos á operadora.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.