Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/08/2024 | Actualizada ás 15:14
O expresidente do Goberno Mariano Rajoy volveu este sábado a realizar a Ruta a Armenteira, na provincia de Pontevedra, acompañado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda. "Principios de agosto e mantemos a tradición: Ruta a Armenteira con Mariano Rajoy e algún outro 'habitual'. Benvido a casa Presidente!", manifestou o titular do Goberno galego nunha publicación nas súas redes sociais. Nas imaxes compartidas por Alfonso Rueda pódese ver tamén ao presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, ou ao presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez.
Principios de agosto e mantemos a tradición: Ruta a
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) August 3, 2024
Armenteira con @marianorajoy. e algún outro "habitual".
Benvido a casa Presidente!.#PidecheGalicia pic.twitter.com/lPhfoQVXBs
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.