A Xunta defende as adxudicación no hospital Cunqueiro: "Foi un sistema excepcional nun momento excepcional"

Rueda di que ese sistema de financiamento foi puntual e "non se volveu dar" con ningún outro hospital galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/08/2024 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A Xunta insiste en defender a axudicación das obras do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, a pesar de que houbo un sobrecuste de 470 millóns segundo apunta un informe do Consello de Contas. "Foi un sistema excepcional para un momento excepcional", dixo este luns Alfonso Rueda, que, como xa fixeron varios integrantes do seu goberno, volveu defender esta adxudicación.

Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: PEDRO DAVILA - Arquivo

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego destacou que se non se acudía a este sistema, as obras do hospital terían sido completadas máis tarde. "A pandemia acreditou a necesidade de ter un hospital así e funciona de xeito magnífico", xustificou.

Rueda insistiu en que este sistema "non se volveu dar" con outro hospital galego. "Só se acudíu a este sistema porque era necesario acudir este sistema", mantivo ao tempo que criticou aos partidos da oposición en Galicia. "Antes dicían que ía ser un hospital privado e agora isto xa está zanxado e a discusión é esta, o informe", ironizou.

CONVENIO CON POVISA

O máximo dixirente galego tamén se referiu ao convenio que a Consellería ten co hospital privado Povisa para a atención de pacientes da sanidade pública. Un convenio que remataba este agosto pero que foi prorrogado ata final de ano. "Son 119.000 as persoas atendidas neste concerto que terá un custe de 27,7 millóns ata 31 de decembro", apuntou.

Con todo, avanzou que o seu goberno analizará a vixencia deste convenio a partir do vindeiro ano xa que "as cousas mudaron desde entón e hai unha nova infraestrutura hospitalaria pública". Diso dependerá o que diga o estudo engargado de analizar a nova carteira de servizos que a Xunta poderá contratar con Povisa no futuro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta