Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/08/2024 | Actualizada ás 15:11
Galicia sofre un 7,7% de absentismo laboral e, actualmente, hai 57.438 perosas de baixa en Galicia. Unhas cifras importantes que fan que a Xunta poña en marcha "un sistema para mellorar o control das incapacidades temporais" dentro dun plan global de xestión para que "as baixas sexan máis obxectivas" e evitar "fraudes".
Así o defendeu este luns o presidente da Xunta na tradicional rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. "Mudaremos as prácticas que se viñan facendo ata agora", dixo Rueda. De feito, Galicia é, despois de Euskadi, o territorio onde as baixas laborais provocan un maior impacto económico negativo, segundo explicou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que abordou os pormenores deste novo plan.
PLANS ESPECÍFICOS
Así, e tras sinalar que un sistema interno de control destacou que só o 60% das baixas analizadas estaban xustificadas, avanzou que, a partir de agora, intensificarase a actividade inspectora e estimularase a consulta presencial nos centros de saúde."Ademais haberá unha unidade de apoio para os procesos de prescripción de baixas", indicou, así como unidades especializadas en patoloxías traumotoóxicas e mentais menores. "Cando se superen os 45 días de baixa, pois intervirá esta unidade", indicou.
Caamaño destacou que no futuro haberá unha confirmación dos partes médicos de recoñecemento cunha cita presencial, e unha colaboración coas mútuas para que sexan elas as que realicen probas determinadas. "Esas probas serán cargadas na historia clínica do paciente e se asociarán a unha cita presencial", indicou. Ademais, anunciou a atomatización de procesos de incapacidade de longa duración, especialmente, en fracturas e en problemas oncolóxicos. "O que buscamos é evitar a fraude do absentismo laboral", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.