Valdeorras e a ribeira do Miño nas provincias de Ourense e Pontevedra estarán este venres en alerta amarela por calor

Segundo Meteogalicia, a alerta, motivada pola entrada dunha masa de aire cálido, activarase ás 15.00 horas e estenderase ata as 21.00 horas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2024 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

Valdeorras e a conca do Miño ao seu paso por Ourense e Pontevedra estarán en alerta amarela este venres ao esperarse temperaturas que poden superar os 34ºC.

Segundo Meteogalicia, a alerta, motivada pola entrada dunha masa de aire cálido, activarase ás 15.00 horas e estenderase ata as 21.00 horas.

Así, durante o venres haberá pouco cambios metrológicos e Galicia seguirá baixo a influencia das altas presións. Os ceos terán nubes baixas pola mañá no norte que, co avance do día, quedarán restrinxidas a puntos do norte da provincia de Lugo, con ceos moi despexados en xeral no resto do territorio.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso e o vento soprará do norte-nordeste moderados en xeral, con intervalos fortes na contorna de Fisterra.

Xente bañándose pola onda de calor en Ourense
Xente bañándose pola onda de calor en Ourense | Fonte: ROSA VEIGA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta