Por Europa Press / Redacción | Valdoviño | 10/08/2024 | Actualizada ás 13:00
A praia de Pantín, no municipio coruñés de Valdoviño, volve estar aberta ao baño despois de que os socorristas atopasen unha carabela portuguesa. O achado produciuse na tarde do venres e, nun principio, o socorristas pediron por megafonía aos bañistas que extremasen as precaucións.
Con todo, aos poucos minutos decidiron, como medida de precaución, izar a bandeira vermella, que levou a prohibición do baño. O pasado fin de semana tamén foi localizada outra carabela portuguesa noutro areal deste municipio, no da Frouxeira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.