Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2024 | Actualizada ás 19:42
Varios puntos de Galicia superaron este domingo os 38ºC, a última xornada con alertas activas por altas temperaturas. Segundo Meteogalicia, en Vilamartín de Valdeorras (Ourense) o mercurio alcanzou os 40,2ºC, en Rubiá 39,1ºC, en Pantón 38,6ºC, en Leiro 38,6ºC e en Larouco 38,4ºC.
Durante esta xornada houbo alerta amarela por altas temperaturas na montaña de Lugo e na conca do Miño ao seu paso por Ourense. Ademais, estivo en alerta laranxa a comarca de Valdeorras. Para a xornada do luns espérase que unha fronte pouca activo chegue a Galicia e traia un aumento de nubes e algunha precipitación de carácter débil e ocasional, máis probables no extremo norte e noroeste.
As temperaturas sufrirán un descenso que será notable nas máximas e o vento soprará frouxo, do noroeste en xeral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.