Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/08/2024 | Actualizada ás 13:52
Axentes da Garda Civil reanimaron na medionoite do mércores a un bebé que se atopaba en parada cardiorrespiratoria cando viaxaba xunto aos seus pais no coche polo centro de Ourense. Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado este mércores, o suceso tivo lugar nas inmediacións do Xardín do Posío, onde axentes do Equipo de Investigación de Accidentes da Garda Civil de Tráfico foron alertados polos berros procedentes dun coche.
De alí saíu unha muller que sostiña un bebé de 10 días que se atopaba sen constantes vitais e en aparente parada cardiorrespitaria, polo que os axentes iniciaron as manobras para tratar de reanimalo. O pequeno logrou recuperar a respiración e foi evacuado xunto aos seus pais, veciños da Valenzá-Barbadás, no vehículo oficial ao servizo de urxencias do CHUO, onde ingresou cos constantes estabilizadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.