Dous mortos nun accidente de tráfico en Dumbría entre un camión e un vehículo

O condutor do camión resultou ileso

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2024 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

Dúas persoas faleceron e unha resultou ferida grave nun accidente de tráfico rexistrado na tarde deste mércores no municipio coruñés de Dumbría.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o sinistro tivo lugar pasadas as 16.00 horas no kilometro 78 da AC-552, ao seu paso por Berdeogás, onde chocaron un camión que transportaba madeira e un coche.

Dos tres ocupantes do turismo, dous faleceron no lugar do accidente e un foi trasladado en estado grave. O condutor do camión resultou ileso.

No operativo paraticiparon persoal sanitario do 061-Galicia, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil de Tráfico e persoal de Protección Civil.

Axente da Garda Civil de Tráfico nunha imaxe de arquivo
Axente da Garda Civil de Tráfico nunha imaxe de arquivo | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta