Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2024 | Actualizada ás 19:15
O gavión atlántico consolidou a súa presenza no parque nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas ao duplicar a súa poboación desde 2018, segundo informa a Xunta. O último censo da especie indica que hai catro parellas vivindo neste espazo protexido fronte ás dúas contabilizadas cinco anos atrás. "O que certifica o asentamento dunha ave mariña da que non había constancia na zona antes do ano 2005", apostila a Administración autonómica.
O último censo anual, de 2023, certifica que na actualidade habitan dúas parellas na illa Vionta e outras dúas na illa de Sálvora "cando cinco anos atrás había só una en cada illa". "Ademais, estes exemplares tamén están a dar bos resultados desde o punto de vista reprodutivo pois as dúas parellas de Sálvora lograron criar dúas mentres que unha da illa Vionta conseguiron tres e outra ningunha", sinala a Xunta sobre as crías.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.