O "GPS" axuda a atopar en Barcelos un móbil roubado en Sanxenxo

A GNR detivo a un home polo furto do teléfono.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/08/2024 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

A Garda Nacional Republicana (GNR) conseguiu recuperar na localidade portuguesa de Barcelos un teléfono móbil roubado o pasado 12 de agosto en Sanxenxo.

Falando por un Iphone
Falando por un Iphone | Fonte: Xataka

Tras presentar denuncia na Garda Civil, os axentes, grazas ao recurso ao localizador GPS existente nos móbil iPhone, de Apple, a través da 'app' 'Find Me', foi posíbel verificar onde se encontraba o dispositivo. Verificouse que o móbil estaba no concello de Barcelos e por iso foi solicitada a cooperación policial internacional aos militares do Posto Territorial de Barcelos.

A operación culminou coa detención, aprehensión e recuperación do móbil nunha freguesía do concello de Barcelos. Tras a acción o sospeitoso, de nacionalidade portuguesa, foi identificado e os feitos foron comunicados ao Departamento de Investigación e Acción Penal (DIAP) de Barcelos, ben como ás autoridades de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta