O Códice Calixtino, candidato na Unesco

O Ministerio de Cultura elevará á Uncesco a súa candidatura como “Memoria do Mundo”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/12/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Logo dun roubo esperpéntico, o Códice Calixtino, unhas das xoias bibliográficas do medievo galego, acaba de recibir un pequeno impulso, a súa candidatura para o rexistro da “Memoria do Mundo”. 

Códice Calixtino
Códice Calixtino

A proposta foi discutida este domingo no pleno do Consello Xacobeo, presidido hoxe polo ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, co xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo. De feito, houbo unanimidade total para propor a esta xoia literaria do medievo subtraída en 2011 e recuperada un ano máis tarde.

Neste sentido, o ministro de Cultura dixo que o seu departamento iniciará os trámites para dar a este distinguido libro "o valor que ten" e lograr isto "en todo o mundo". "Máis protección, máis coñecemento, máis seguridade”, dixo tras coincidir tamén a apertura da Porta Santa, coa reunión do Consello Xacobeo e coa mencionada petición.

O programa "Memoria do Mundo" é unha iniciativa da Unesco orientada, en concreto, á protección do patrimonio documental. Cultura suxerirá a entrada do Códice Calixtino por ser un dos máis importantes testemuños da Idade Media e pola súa contribución decisiva a afianzar o papel de Santiago de Compostela como meta da peregrinación. Un feito que o Goberno español espera que sexa realidade no 2017.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta