Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2024 | Actualizada ás 17:36
lcaldes socialistas e nacionalistas coincidiron en criticar as nivas taxas de Sigama. Así O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, enviou unha carta ao presidente de Sogama, Javier Domínguez, "despois de coñecer onte e polos medios que a subida prevista do canon que pagan os concellos a Sogama pasaría dos 66 euros por tonelada de residuos actuais aos 108 euros para o ano 2025". A mesma cualifícaa de "desproporcionada".
Tamén a aldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, asegurou este venres que a subida do canon que propón Sogama respecto da xestión de residuos é "escandalosa" e "desproporcionada" e estima que á capital galega suporalle un gasto próximo ao millón de euros máis ao ano.
Ademais o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, expresou este venres o seu rexeitamento á subida do canon anunciada por Sogama aos concellos para a xestión de residuos, que suporá un aumento de 66 a 108 euros por tonelada.
Segundo informa a Fegamp, na carta, o presidente traslada o "malestar" polo anuncio da nova subida e polas formas "ao non ter ningún coñecemento previo da mesma". Tamén reitera a proposta de "constitución dunha comisión de traballo entre Sogama, as consellerías de Medio Ambiente e Facenda e a Fegamp".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.