Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2024 | Actualizada ás 13:12
O PSdeG reclamou á Xunta unha "maior implicación" co surf, polo que pediron "máis apoio" á competición do Patín Classic Prol, así como que entre dentro do proxecto do centro de alto rendemento de surf.
A deputada socialista Pomba Castro explicou que Valdoviño acolle campionatos internacionais desde 1988, cun Patín Classic consolidado actualmente como "referente a nivel mundial" e como sede do campionato nacional desde fai sete anos.
"Éxitos que son resultado de moito traballo dos veciños e especialmente da xente do surf, pero sen contar cun verdadeiro apoio institucional por parte da Xunta ou, cando menos, á altura do que a competición merece", detallou a deputada do PSdeG.
Neste sentido, detallou que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes "permanece á marxe do evento" e a "única achega" da Administración autonómica provén da Axencia Galega de Turismo en forma de asignación para fins publicitarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.