Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 01/09/2024 | Actualizada ás 18:32
Un grupo de mozos agrediron a un home, de 58 anos, na entrada da súa vivenda en Ferrol tras chamarlles a atención polo ruído que estaban a facer na rúa.
Os feitos, segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas por Europa Press, ocorreron sobre as 5.30 horas deste domingo na rúa Magdalena.
O home recriminou aos mozos polo balbordo que facían na vía pública e, tras un cruzamento de reproches, o grupo de mozos entrou no edificio para agredilo.
Ata o lugar desprazouse a Policía Local de Ferrol e a Policía Nacional, facéndose cargo estes últimos da investigación. O home foi trasladado polo personal sanitario ao Hospital Arquitecto Marcide.
Agora os axentes tratan de localizar aos agresores, que xa están identificados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.