(Vídeo) Arde por completo un pesqueiro de 14 metros en Camariñas

Houbo varias esplosións no seu interior. Despregadas barreiras anticontaminación.

Por Galicia Confidencial | Camariñas | 04/09/2024 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Un pesqueiro de 14 metros ardeu por completo na madrugada deste mércores no porto de Camariñas. A Garda Civil investiga xa as causas dun sinistro que rematou coa embarcación calcinada por completo en moi pouco tempo.

Pesqueiro ardendo en Camariñas
Pesqueiro ardendo en Camariñas | Fonte: remitido

A embarcación comezou a arder sobre as dúas da madrugada e foron varios particulares os que deron aviso aos servizos de emerxencia. De feito, algúns deles gravaron todo o acontecido. Desde o 112 informouse a Salvamento Marítio, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, aos Bombeiros de Cee e de Carballo e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas.


Foron estes últimos os que, ao chegar ao lugar, comprobaron que na embarcación había varios elementos de risco como bombonas de osíxeno. Nese momento, Salvamento Marítimo traballaba xa na extinción do lume desde o buque Salvamar Altair. Tamén precisaron que na cuberta do barco había dúas bombonas de butano. De feito, houbo varias esplosións na embarcacijón.

Con todo, confirmaron que non había outras embaraciones próximas que corresen perigo. Ademais, a Xunta activou o Plan Territorial de Contigencias por Contaminación Mariña Accidental en fase de alerta para conter e controlar un posible vertido polo incendio. De feito, Sasemar explica que se despregaron barreiras anticontaminación por Gardacostas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta