Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2024 | Actualizada ás 18:51
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, augurou unha baixada de sinistralidade laboral a final de ano en comparativa coas cifras de 2023 ante os datos no que vai de 2024, período no que rexistraron 14.591 accidentes de traballo con baixa en xornada laboral. Así o apuntou en resposta a unha pregunta feita pola deputada socialista Carme Rodríguez Dacosta durante o pleno do Parlamento galego celebrado este mércores no que acusou á Xunta de caer na "autocompracencia" ante unha secuela como a sinistralidade laboral.
A parlamentaria do PSdeG sinalou que Galicia é a terceira comunidade con máis mortos en xornada laboral este ano con 30 ata xuño, pero a eles hai que sumar o catro mariñeiros galegos falecidos no naufraxio do Argos Xeorxia en Malvinas e os outro catro operarios que perderon a vida mentres traballaban nunha marxe de 15 días no mes de agosto.
Fronte ás críticas da socialista ao apreciar un Goberno galego "ancorado na autocompracencia", o conselleiro subliñou que a Xunta conta cunha ferramenta para diminuír os riscos laborais co horizonte no ano 2027. Ao seu xuízo, este documento está a dar froitos, como evidencia a tendencia que, di, producirase á baixa a finais de ano a tenor dos datos de sinistralidade laboral na que vai de ano.
Segundo González, nos primeiros oito meses de 2024 producíronse 14.591 accidentes de traballo con baixa en xornada laboral polos 29.156 de 2023, o que o levou a sentenciar que a finais de ano a cifra total será menor que a do exercicio previo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.