Por E.P. | PONTEVEDRA | 12/09/2024 | Actualizada ás 19:29
O colexio situado na Avenida da Xunqueira do municipio pontevedrés de Moaña foi desaloxado na tarde deste xoves tras rexistrarse unha avaría eléctrica. O suceso non causou feridos.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, ás 13,20 horas deste xoves unha traballadora do centro alertou de que saía fume dun dos corredores do primeiro piso.
No momento da chamada, o centro xa estaba desaloxado e ninguén había resultado afectado. Ademais, a alertante sinalou que non se observaban chamas.
Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Morrazo, a Garda Civil, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Moaña.
Os Bombeiros realizaron tarefas de ventilación e buscaron a orixe do fume, que se debeu a un problema eléctrico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.