Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/09/2024 | Actualizada ás 10:40
A circulación de trens entre Vilagarcía e Santiago de Compostela restableceuse tras as incidencias provocadas tras ser arroiado un home, que resultou falecido, nunha zona de paso non autorizado situado entre a estación ferroviaria da Escravitude e Padrón.
O suceso provocou que Renfe desviase a circulación dos convois rexionais que cobren a ruta entre Vilagarcía e Santiago pola liña de altas prestacións para manter o tráfico ferrovario. En concreto, conforme informaron a Europa Press fontes do 112, a incidencia tivo lugar ás 16:30 horas e ao momento desprazáronse os servizos sanitarios, os bombeiros de Boiro, a Garda Civil, a Policía Local e efectivos de Protección Civil.
Pola súa banda, fontes de Renfe precisaron que o suceso se produciu nunha zona de paso non autorizado pola que circulaba un tren rexional que cubría o servizo entre Vigo Guixar e A Coruña. Nun primeiro momento, o convoi mantívose detido no punto mentres traballaban os servizos de emerxencias no terreo, polo que Renfe informou os viaxeiros a bordo do tren e ás estacións afectadas da incidencia.
Ademais, para manter a circulación, desviouse a circulación dos seguintes trens rexionais pola vía de altas prestacións entre Vilagarcía e Santiago. Este feito, que implicou que non pendesen parar en estacións intermedias, motivou que o operativo incluíse un plan alternativo de transporte por estrada para os usuarios de Padrón, Pontecesures e Catoira.
Foi minutos antes das 18:30 horas cando as autoridades xudiciais deron luz verde ao convoi para desprazarse ata a estación da Escravitude, onde Renfe habilitou autobuses para trasladar aos viaxeiros que circulaban no tren aos seus lugares de destino.
Tras todo iso, a situación quedou normalizada pasadas as 20:00 horas, co tráfico ferroviario restablecido. Fontes consultadas por Europa Press han inforamdo de que o home que resultou falecido ao ser arroiado polo tren viuse implicado previamente nun accidente de tractor, con outra persoa ferida, ocorrido tamén no municipio de Padrón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.