Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2024 | Actualizada ás 15:48
Os traballadores da ITV galegas desconvocaron a folga indefinida tras aceptar un precuerdo coa empresa concesionaria do servizo. Segundo informou CC.OO, consultado por Europa Press, as empresas celebraron asembleas no catro provincias e foron 241 empregados os que aceptaron o preacordo, fronte aos 155 que votaron en contra.
Na única provincia que a maioría votou a favor (116) foi na Coruña, onde se atopan as oficinas centrais da empresa, fronte aos 27 que votaron en contra. As demandas dos traballadores pasaban por, un aumento salarial, a eliminar as diferenzas entre o persoal de nave e o administrativo, así como deixar de traballar os sábados.
Por tanto, o persoal deu o respaldo maioritario ao preacordo presentado pola empresa o mércores, día 11, polo que desconvocan a folga indefinida. Con todo, CC.OO ve "insuficiente" a proposta da empresa, pero "acata e respecta o resultado democrático".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.