Familiares de Yoel Quispe, o mozo asasinado na Coruña na Noiteboa do 2023, volven esixir "xustiza"

Denuncian ser obxecto de burla por parte de persoas que acudiron a apoiar aos investigados polo crime.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/12/2024 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

Familiares e amigos de Yoel Quispe, o mozo de 22 anos que faleceu na madrugada da Noiteboa de 2023 tras ser apuñalado na cidade herculina, protagonizaron este luns unha nova protesta para esixir "xustiza" coincidindo cunha rolda de recoñecemento de investigados. En declaracións a Europa Press, a nai de Yoel, Martiza Yovana Gómez, volveu asegurar que hai máis implicados na agresión mortal ao seu fillo. "Como cooperadores, podían evitalo", sentenza ao atribuír os feitos non só a tres, un deles, segundo a investigación, como autor da puñalada mortal. "No vídeo vese, rodéano, e dixérono as testemuñas", sentenciou tamén para incidir en que o único que quere é que se xulgue a todas as persoas implicadas nos feitos.

Lugar onde asasinaron ao mozo Yoel Quispe na Coruña
Lugar onde asasinaron ao mozo Yoel Quispe na Coruña | Fonte: M. Dylan - Arquivo

"Pido que se faga xustiza", apostila para insistir, ademais, en que manterán as protestas polo menos unha vez un mes para lograr ese obxectivo. Por outra banda, denunciou que durante a mobilización deste luns foron obxecto de insultos por parte de persoas que acudiron a apoiar aos investigados. "Humilláronnos e fixeron burla", engadiu, para incidir en que o seu único obxectivo, como o dos achegados e amigos de Yoel, é que "paguen os culpables". Por estes feitos, están investigados tres novos, un en prisión como presunto autor dun delito de homicidio, e outros dous en liberdade con cargos. A familia sostén que non foi unha pelexa e que foron "once contra un".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta