Multa de 720 euros e retirada do carné para a exconcelleira de Cangas que deu positivo ao volante

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/09/2024 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Iria Malvido, exconcelleira socialista de Cangas, foi condenada ao pago dunha multa de 720 euros e á retirada do carné durante 8 meses, nun acto de conformidade que tivo lugar este martes no xulgado cangués.

A exedila e exteniente de Alcaldía estaba citada para un xuízo rápido no xulgado de instrución 3 de Cangas despois de que, a finais de agosto pasado, fóra sorprendida pola Policía Local conducindo cunha taxa de alcoholemia por encima do límite penal, durante a celebración das Festas do Cristo da localidade.

Finalmente, houbo acordo e a acusada aceptou pagar unha multa de 720 euros como autora dun delito contra a seguridade viaria por circular baixo os efectos do alcol, e aceptou a privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores durante 8 meses.

Tras coñecerse que dera positivo ao volante, Iria Malvido, que ostentaba a tenencia de Alcaldía e as áreas de goberno de Obras, Servizos e Mobilidade, publicou un comunicado no que se desculpaba polo seu "terrible erro" e anunciaba a súa baixa temporal como militante do PSdeG.

Horas despois formalizaba tamén a súa renuncia como concelleira, despois de que o BNG de Cangas, que ostenta a alcaldía, advertise de que Malvido non podía continuar no goberno local tras o ocorrido. Tras a súa marcha, os socialistas confirmaron a entrada na Corporación de Eugenio González, para asumir a concellaría de Deportes. Mentres, Sagrario Martínez (ata ese momento edila de Deportes), asumía os cargos de Iria Malvido no goberno municipal, é dicir, a tenencia de Alcaldía e o resto de áreas.

Primeira tenente de alcaldesa de Cangas (Pontevedra), Iria Malvido.. CONCELLO DE CANGAS
Primeira tenente de alcaldesa de Cangas (Pontevedra), Iria Malvido.. CONCELLO DE CANGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta