Atopan nunha explotación gandeira a anciá desaparecida no Val do Dubra

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2024 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Unha muller de avanzada idade que desapareceu o xoves pola tarde en Val do Dubra foi localizada.

Unha familiar comunicou, sobre as 23,20 horas do xoves, ao 112 Galicia a ausencia desta muller e indicou que non a vía desde as 15,00 horas. Finalmente, foi localizada por un traballador dunha explotación gandeira do mesmo municipio.

O 112 avisou á Garda Civil e ad a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra, que despregaron un operativo de procura pola zona de Erviñou, en Arabexo, que se prolongou durante a madrugada.

No entanto, un operario dunha explotación gandeira acabou localizándoa nas instalacións onde traballa, en bo estado de saúde, polo que puido retornar ao seu domicilio.

Un axente da Garda Civil
Un axente da Garda Civil | Fonte: Juan Moreno - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta