Falece un traballador do servizo de emerxencias de Sanxenxo tras electrocutarse na súa casa

Julián Valdés Sobredo, natural de Os Tilos, en Teo.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 22/09/2024 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

Un traballador, de 24 anos, do servizo de emerxencias de Sanxenxo perdeu a vida tras electrocutarse no seu domicilio da localidade pontevedresa.

O home, Julián Valdés Sobredo e natural de Os Tilos, en Teo, faleceu na tarde do sábado cando limpaba cunha máquina de auga a presión na súa casa e recibiu un golpe de corrente eléctrica.

O Concello de Sanxenxo, a través das súas redes sociais, lamentou o falecemento e enviou as condolencias a familiares e amigos do novo.

Concello de Sanxenxo
Concello de Sanxenxo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta