Por Galicia Confidencial | Vilanova de Arousa | 31/12/2015 | Actualizada ás 13:32
Unha femia de arroaz de avanzada idade e nai recente varou nas Sinas de Vilanova de Arousa onte á tardiña. O exemplar non puido superar o temporal, que esgotou as súas últimas forzas e deu co seu corpo inerte no areal. Alí estivo a Unidade Móbil da CEMMA esta mañá asistindo ao varamento e recollendo as mostras. Os expertos non descartan que nas próximas horas aparezan nos areais galegos máis mamíferos mariños varados polo temporal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.