A dirección do BNG rexeita a moción de censura co PP en Muxía

Anuncia apertura de expedientes a asemblea local do BNG de Muxía.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 23/09/2024 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

O BNG rexeitou a moción de censura rexistrada este luns contra o alcalde socialista de Muxía, Iago Toba, e que está asinada pola súa única concelleira no municipio da Costa da Morte, Mercé Barrientos, que foi proposta para a apertura dun expediente que deberá ser resolto polo Consello Comarcal da Costa da Morte.

A decisión foi adoptada pola Executiva Nacional do Bloque na súa reunión da tarde deste luns, tras a cal, a formación frontista trasladou que non avalarán "ningunha" moción de censura que implique a participación do PP.

Nacionalistas e populares acordaron a presentación dunha moción de censura contra o socialista Iago Toba para entregar a Alcaldía ao portavoz de Independentes por Muxía, o expatrón maior da confraría de pescadores, Francisco Javier Sar.

A executiva da formación frontista remarca que, na liña dos acordos do Consello Nacional, o seu máximo órgano de dirección entre asembleas, os seus grupos e edís municipais non facilitarán "ningunha moción de censura que implique a participación do PP".

Así, rexeita o paso dado pola súa concelleira en Muxía, proposta para expediente ante o Consello Comarcal da Costa da Morte, aínda que carga contra a actitude "despótica e pouco democrática" do socialista Iago Toba, ao que acusan de xerar "un clima de crispación do que é o único responsable e que en nada beneficia a boa gobernación do concello".

O órgano executivo do Bloque tamén dirixe as súas críticas cara ao PSdeG, aos que responsabilizan de ser "perfectamente coñecedores" desta "actitude de desprezo" cara á oposición do seu alcalde en Muxía e non adoptar "ningunha medida respecto diso".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, intervén ante o Consello Nacional da formación. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, intervén ante o Consello Nacional da formación. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios (1 pend. aprobación)

1 Gamela

actitude "despótica e pouco democrática" do socialista Iago Toba Se escoitaran as intervencións do alcalde de Vigo no seu programa televisivo semanal contra as propostas do BNG e de calquera manifestación contra as súas decisións autocráticas seguro que non terían suscrito ese pacto nefando co PSdG que hoxe encabeza un tal Besteiro... A política de partidos é algo que non entenden nin os militantes de base nin os concelleiros que teñen que tragar carros e carretas ! UPG Manda Carallo !!!