Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/01/2016 | Actualizada ás 09:00
O 2015 foi o máis intenso e exitoso nos cinco anos de existencia do Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM), con base en Ribeira. Os seus membros publicaron varios traballos en revistas internacionais especializadas nos que se trataron diferentes aspectos e especies de vertebrados e de invertebrados mariños atopados nas costas de Galicia, en concreto, na ría de Arousa, onde este grupo centra a maior parte do seu traballo de investigación.
O propio GEMM salienta os resultados do ano 2015, no que se describiron catro novas especies para a ciencia e se ampliou o rango de distribución doutras xa identificadas previamente e que foron atopadas por primeira vez en augas galegas. En concreto, os achádegos do GEMM en 2015 foron:
- Dúas novas especies de moluscos gasterópodos descritas para a ciencia: Simnia jacintoi e Limacia iberica.
- Dúas novas especies de platelmintos descritas para a ciencia: Hoploplana elisabelloi e Armatoplana celta.
- Dúas nuevas citas para Europa de crustáceos: Pilumnopeus africanus e Charybdis helleri.
- Unha nova cita para a Península Ibérica de crustáceo: Pachygrapsus gracilis.
- Dúas citas que supoñen a distribución máis ó norte coñecida para dúas especies de crustáceos: Panopeus africanus e Inachus aguiari.
Ademais, os traballos publicados para dar a coñecer estes achádegos contaron coa participación das seguintes institucións:
- Museo Nacional de Ciencias Naturales (CSIC), Madrid.
- Museum National d'Histoire Naturelle de París.
- Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía (CSIC).
- Zoological State Collection de Múnich (Alemaña).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.