Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2024 | Actualizada ás 19:00
A costa das provincias de Lugo e A Coruña estará afectada por un aviso amarelo este venres, 27 de setembro, por fortes ventos. Tamén se esperan refachos por encima dos 80 quilómetros por hora na montaña de Lugo.
O aviso en ambas as zonas costeiras irá desde mediodía ata medianoite. Pola súa banda, o aviso amarelo na montaña de Lugo ten lugar desde a medianoite do xoves ao venres ata as 9,00 horas do venres.
Sete provincias españolas estarán este venres en aviso por fenómenos costeiros nun día no que baixarán as temperaturas de maneira xeneralizada e acusada en todo o país, excepto en Canarias e en zonas da área mediterránea sur, onde os valores cambiarán pouco, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
En concreto, os avisos estarán nas costas dos litorais oriental e occidental asturiano (Principado de Asturias); na costa do litoral cántabro (Cantabria); en Xirona (Cataluña); na Coruña e Lugo (Galicia); e Guipúzcoa e Biscaia (País Vasco).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.