O executivo autonómico pide autorización para crear un punto de vertedura de áridos para o dragado do Lérez

A administración autonómica expuxo que o Ministerio de Transición Ecolóxica decidiu en 2021 non autorizar máis vertidos de áridos no punto exterior de Sálvora, autorizado para esta actividade durante as últimas dúas décadas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2024 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

A Xunta manifestou que ten consignada unha partida de tres millóns de euros nos orzamentos do 2025 para a obra de dragado do Lérez, na ría de Pontevedra, e que o desbloqueo desta actuación "depende da autorización por parte do Goberno central dun punto de vertedura para os áridos que se extraian da obra".

Neste sentido, a administración autonómica expuxo que o Ministerio de Transición Ecolóxica decidiu en 2021 non autorizar máis vertidos de áridos no punto exterior de Sálvora, autorizado para esta actividade durante as últimas dúas décadas. Esta obra paralizou todos os dragados do litoral galego ao sur de Muros.

Así, o Ministerio solicitou entón a Portos de Galicia un estudo de alternativas de novas zonas de depósito para poder retomar estas obras. A continuación, Portos de Galicia elaborou e remitiu ese estudo e de novo o Goberno central requiriu información complementaria que a Xunta enviou o pasado mes de xullo.

Tras o novo envío de documentación, o departamento autonómico defende que corresponde agora ao Ministerio autorizar en base a ela un punto de depósito dos áridos que permita desbloquear o dragado do Lérez e as do resto da franxa sur da comunidade.

Por este motivo, o Goberno galego require ao Ministerio axilidade para poder executar as partidas orzamentarias consignadas para estas obras en 2025.

Río Lérez ao seu paso por Pontevedra
Río Lérez ao seu paso por Pontevedra | Fonte: Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta