A Policía Nacional intervén en 23 centros educativos galegos acedo pícrico, unha sustancia potencialmente perigosa

Concentrados na provincias da Coruña e Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2024 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detectou e interveu para a súa destrución recipientes que contiñan acedo pícrico nos laboratorios de 23 centros educativos de secundaria, formación profesional e universidades das provincias da Coruña e Lugo.

Esta sustancia tóxica e potencialmente perigosa foi retirada ante a posibilidade de que o paso do tempo a vola inestable, mesmo con risco de chegar a explotar, segundo explicou este xoves a Policía Nacional nun comunicado.

En concreto, axentes do TEDAX procederon a retirar 50 recipientes con este ácido en distintos estados de conservación ao longo de 23 intervencións realizadas en centros de Lugo e A Coruña, entre elas, en Ferrol, Santiago, Ribeira e Monforte.

A comunicación da Policía cos centros educativos permitiu levar a cabo estas actuacións para proceder á retirada deste tóxico que, co paso dos anos, pode sufrir unha alteración das súas propiedades que o volve inestable e con potencialidade de ser explosivo pola súa sensibilidade á calor, a fricción ou os impactos.

O ácido pícrico, empregado en anatomía como fixador de mostras de tecidos orgánicos de seres vivos, tamén se usa como aumentador da carga explosiva do trinitrotolueno, comunmente coñecido como TNT.

De feito, os TEDAX da Policía Nacional da Coruña tamén localizaron nun dos centros educativos un bote sospeitoso de conter TNT. Transportado baixo as medidas de seguridade necesarias, as análises confirmaron a presenza deste explosivo.

Todas as sustancias intervidas polo equipo especializado en explosivos do Corpo Nacional de Policía foron destruídas nun lugar seguro e acondicionado, segundo trasladou nun comunicado.

A Policía Nacional intervén en 23 centros educativos galegos acedo pícrico, unha sustancia potencialmente perigosa. POLICÍA NACIONAL
A Policía Nacional intervén en 23 centros educativos galegos acedo pícrico, unha sustancia potencialmente perigosa. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta