Comezan as negociacións para fixar prezos de cara á campaña de Nadal

Foi entre a Consellería do Mar e as confrarías da ría de Ares-Betanzos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2024 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, reuniuse este xoves con representantes das confrarías da ría de Ares-Betanzos (A Coruña) para analizar os resultados das mostras realizadas polos técnicos do Centro de Investigación Mariñas nos bancos de libre marisqueo da zona.

Tal como explicou a Consellería do Mar nun comunicado, a finalidade deste encontro era valorar xunto cos profesionais a situación que presentan na actualidade. Tras analizar os datos, decidiuse non traballar en toda a campaña no banco marisqueiro de Ares de cara a axudar á súa recuperación, e aplicar esta mesma medida no banco de Sada a inicios de decembro, momento no que se comezarán os traballos de extracción por parte da frota e que se prolongará ata a primeira semana de xaneiro.

"Esta decisión relativa ao banco sadense busca optimizar o valor económico dos recursos con talla comercial existentes de face á campaña de Nadal", engadiu Mar. Ademais, na reunión establecéronse tamén topes á extracción no banco de Sada para as tres especies nas que se detectou stock comercial suficiente.

Imaxe da reunión entre Mar e confrarías de Ares e Betanzos
Imaxe da reunión entre Mar e confrarías de Ares e Betanzos | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta