Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2024 | Actualizada ás 20:35
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou o rexistro de varias iniciativas para reclamar ao Ministerio de Transportes as actuacións necesarias para mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria da N-120 ao seu paso por Quintela de Canedo.
Así o fixo este xoves durante a súa visita a Ourense na que estivo acompañado polo portavoz do BNG municipal, Luís Seara, e o deputado no Parlamento de Galicia Iago Tabarés.
"Os veciños levan anos reclamando a mellora da seguridade viaria no tramo urbano da N-120 ao seu paso por Quintela de Canedo. Trátase dunha estrada que acumula unha gran densidade de tráfico e na que, debido ao desenvolvemento urbanístico dos últimos anos, fóronse instalando grandes almacéns e naves con distintos usos que converteron a zona, anteriormente rural, nunha industrial", remarcou Rego.
Unha das demandas veciñais, continuou o do BNG, é a instalación dun maior número de pasos de peóns no tramo para "poder atravesar a estrada de forma máis segura e cómoda".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.