Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2024 | Actualizada ás 07:45
O xuíz Manuel García-Castelló, xa xubilado, arremeteu contra as críticas a xuíces que veñen dos considerados os "bos", en alusión a "outros poderes do Estado", e cuestionou tamén que se pretenda "frivolizar" coas críticas a este colectivo. Así, rexeitou que se poida dicir que é "criticar as resolucións xudiciais cando te chaman de todo, incluído 'can xudeu'". "Cando se lanzan barbaridades contra xuíces porque non che gustan o que fan, o problema é que se estende a todos".
"Afecta á sociedade", expuxo García-Castelló, quen incidiu en que os xuíces son un colectivo que "ten prohibido opinar". "Non hai ninguén detrás de ti, estás só como o Cid Campeador". Fronte a iso, eloxiou o sistema anglosaxón, aínda que apuntou tamén que "a independencia do xuíz en España é incrible".
O que foi xuíz da Audiencia Nacional fixo estas manifestacións nun foro promovido polo Ideal Galego e no que pronunciou unha conferencia co título 'A Audiencia Nacional e o seu rol na protección da democracia'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.