Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/10/2024 | Actualizada ás 16:32
Máis de 60 estudantes de secundaria do IES As Bizocas do Grove retiraron máis dunha tonelada de especies exóticas invasoras das dunas de Area da Cruz. Os voluntarios formaron parte este venres do programa de voluntariado de Afundación que xa actuou, á finais da primavera pasada no marco de Plancto, retirando máis de 350 quilos. Os traballos na duna desenvolvéronse durante a mañá deste venres e, ao final da xornada foi máis dunha tonelada o que conseguiron retirar do lugar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.