Alexandra Fernández: “En Marea é un espazo en construción que ten as portas abertas”

A actual voceira de En Marea no Congreso destaca nesta entrevista os atrancos que existen para que os seis deputados galegos teñan grupo parlamentario propio en Madrid. Critica que o PSOE se vaia decantando xa por "unha gran coalición co PP e Ciudadanos e con apoios mediáticos".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 13/01/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Tamén fala das vindeiras eleccións autonómicas e, insiste, que as portas de En Marea seguen abertas a outras candidaturas populares e nacionalistas, como Cerna, CxG ou o propio BNG “porque o gran rival é o PP” e pódese “camiñar xuntos”.

Alexandra Fernández
Alexandra Fernández

Como están as negociacións para que En Marea teña grupo propio no Congreso?
Nós temos falado co PSOE explicándolle que En Marea non é unha suma de partidos senón moito máis. Son 405.000 galegos que queren voz propia no Congreso e para nós, iso, é a cuestión principal. Podemos negociar financiamento dos grupos e os tempos de intervención, pero a cuestión principal para nós é que houbo unha vontade da cidadanía de que houbera un Congreso máis plural e que se entenda a plurinacionalidade no Estado, e que isto ten que estar presente no Congreso.

Por iso, dixémoslle que sería un fraude que un 25% dos galegos non tivera representación no Congreso e criticamos que nos traten de vender a gobernabilidade entre elites, que é polo que avoga o PSOE agora, porque hai outras posibilidades como é a de escoitar á cidadanía. Por iso insistimos que ten que decidir que quere escoller; ou apoiarse na muleta de C's, que parece que vai a esa opción, ou se quere ser valente e volver a ese PSOE socialdemócrata.

Pero os interlocutores do PSOE que vos din?
Pois se negan a entender, de momento, o tema dos catro grupos e para nós é crucial isto. Non entendemos que haxa un goberno co PSOE se non entenden que o que demandou a cidadanía é cambio, un cambio plural.

Entendo que esa demanda é común a  todos os integrantes de en Marea; Anova, EU, as mareas e Podemos, non?
Si, claro. Todos estamos completamente de acordo porque todos compartimos esta posición desde o primeiro momento.

Alexandra Fernández, de En Marea, nunha rolda de prensa con Pablo Iglesias e os portavoces de En Comú Podem e És El Moment
Alexandra Fernández, de En Marea, nunha rolda de prensa con Pablo Iglesias e os portavoces de En Comú Podem e És El Moment | Fonte: En Marea

E como interpretas logo as voces que xurdiron estes días en Galicicia coas declaracións do líder de Podemos no país que critica o escoramento ao nacionalismo e apunta a posibilidade de ir en solitario ás autonómicas?
Eu son deputada de En Marea e creo que este tipo de espazos son os máis adecuados para disputarlle o poder ao PP. Sobre o que di Breogán Riobóo... Son discusións que se dan no seo da súa organización. Non nos metemos niso.

Pero non cres que isto abre frontes innecesarias na coalición?

Hoxe demostramos que todos estamos na mesma liña. Que apostamos todos polo mesmo, polas confluencias, porque é a mellor escolla para derrotar ao PP.

Co PSOE semella que tedes dificultade de entendemento, e que tal co resto de grupos de esquerda e cos nacionalistas?
Por agora é unha cuestión aritmética que calquera pacto pasa polo PSOE. Por iso é importante que nos entendamos. Non pode vir con escusas ridículas para, logo, buscar un pacto co PP.

Pero xa hai un pacto co PP?
Todo semella que si.

Entón vai haber gran coalición?
Si, parece que pretende que todo siga igual, nunha gran coalición co PP e Ciudadanos e con apoios mediáticos. Pero nós insistimos que hai posibilidades dun goberno progresista que entenda a plurinacionalidade do Estado.

Con todo, semella que no PSOE hai dous bandos; o de Pedro Sánchez e o de Susana Díaz.  Non cres que aínda hai posibilidades de acordo?
Si. Hai dúas almas diferentes e por iso queremos que o PSOE non pacte co PP e non renuncie aos seus sinais de identidade e axude a construír un novo espazo no que recupere os seus principios socialdemócratas, federalistas e de apoio á plurinacionalidade do Estado. E veremos cara onde camiña; ou cara continuar afondando nas políticas elitistas e privatizadoras do PP ou apostando por alternativa de esquerdas.

E non cres que o que pase en Madrid vai ter resposta en Galicia cun adianto electoral?
Iso está todo no aire pero está claro que nas autonómicas teremos que camiñar nestes espazos porque a suma multiplica e temos que seguir traballando nesta liña, traballando por novos espazos cooperativo e de acumalación de forzas.

Nesa acumulación de forzas da que falas caben novas forzas como mareas, CxG, Cerna o mesmo o  BNG?
En Marea é un espazo en construción con portas abertas e levan abertas desde as municipais porque o gran rival é o PP e podemos camiñar xuntos. Iso espero...

Precisamente ti es de Anova, a parte nacionalista de En Marea. Non cres que isto pode axudar a que haxa entendementos?
Non é cuestión de nacionalismos, senón de que sexamos capaces de aglutinarnos baixo un proxecto común que entenda a capacidade de decidir dos galegas e das galegas.

E supoño que teña como eixo un novo modelo social e defensa da educación ou sanidade pública?
Sí, si claro. Un goberno que pare estas políticas privatizadoras do PP e que blinde o estado de benestar e entenda que Galicia ten especificidades que compre por enriba da mesa, por exemplo,  outro modelo de país e non o do endebedamento do PP. Tamén un novo goberno que aposte pola industrialización e  polos sectores primarios do país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

17 micropunto

Non me explico que fai esta muller ai,,,ai si, se o sei de boa tinta, é porque é a mellor amiga da filla de Ferrín, toma meritazos, tivemola na Estrada falando e non seu molestou en nomear nada da Estrada, non sabe falar, non sabe comunicar, veu a quitar votos, non a gañalos.En Marea é un fraude, todo atado e bena tado polos partidos e revestido dunha falsa paraticipación e pllluralidade, ás mareas enganaronnos.

1 Jarrido

Eu levei un vidon en Forga sen facer nada mais que intrigar para o partido e ágora escribo libros lixo cobro do estado e paso o tempo na fundación bautiza e por suposto intrigo para o partido.

16 eusi

O Bng (e resto de partidiños patéticos) teñen grande culpa: a división do voto favoreceu o que está a facer o PPsoe agora, negar grupo parlamentar galego cando eles no 72 permitiron 3 grupos para o Psoe. En fin, que os obtusos están encantados e xa se ve o seu talante: pactan co PPsoe con cara de risa e coas Mareas revíranlle a cara. Seguide así, a desparición está moi perto!

1 Gomesende

Non se entende que o Bng faga oposición as Mareas nos concellos mentres apoia ao PsoEspañol en todo e canto lugar llo piden. Iso é certo. No 72, xa choveu, non había xogo democrático..., logo o criterio foi variando, e desde o Bng xa avisaran en público, por falado e por escrito, repetidas veces, que esa fórmula non era válida, que traballaban para Podemos. E comprobouse, igual de certo. Logo o problema, se o hai ou se o tedes, está en Anova e nas Mareas que tiñades amañado o asunto con Podemos e IU mentres xogabades a facer que pactabades... E AGORA DESTAPOUSE A MENTIRA!!! E quede claro, eu non votei Nós nin Marea, por castigo a farsa das negociacións non mereceron a miña confianza, polo tanto a miña opinión non depende de ningún partidiño novo nin vello. Uns desaparecen e os outros dividense e traballan para o amo madrileño, seguide así... tamén os mareados!

2 Trocomotxo

No ano 72 non había democracia estaba Franco gobernando. A culpa de que non haxa grupo nonn é da división do voto. É DE QUE MAREA NON CUMPRE TODOS OS REQUISITOS e os españois agárranse ao que faga falta. Verdade que o PNV non ten ese problema....????

3 Borghesa

Como levan horas en Sermos Galiza para publicar isto, e non será a primeira vez que o censuran, tráioo aquí: "para as próximas eleccións galegas o BNG debe escoller entre o pacto que se mira no horizonte (PSOE-PP-Cs) e a alternativa que representan En Marea e Podemos. Polo de agora os seus aliados do PSOE continúan a facer o mesmo que no País Vasco e na Cataluña, dinamitar o nacionalismo "periférico" agás cando lles serve para gobernar. Até agora o BNG votou para que gobernase o PSOE concellos e deputacións, pero non apoia o goberno da Marea en Compostela."

4 Breogan

Non sei porque motivo tem o BNG que pactar com as Mareas. Nas autonómicas, xunto com Converxencia 21 e alguns outros será das únicas opcions galegas possíveis. A cuestion é votar Galiza ou votar España. As Mareas xa demostraron cós seus compañeiros de xogo ser España (o mesmiño que Anova). Estan a matar ao nacionalismo galego.

15 Héctor Sánchez

Bueno. Está claro que haberá unha loita continua ata as Eleccións Galegas entre os partidarios do BNG e En Marea Ademais son loitas como as que se dan aquí. Son loitas inútis. Sempre escreben os mesmos. Non hai argumentos. Só quer foderse ao contrario. E como só quer foderse ao contrario, non se destaca o dun regulamento desfasado, aplicado polo PSOE e por Cidadáns, que permite algo tan grave que nun Congreso de deputad@s, teñamos moita menos representación democrática da debida máis dun millón de persoas que votamos a tres Coalicións distintas ca Podemos

1 Gomesende

Non será que desde o Bng non avisaran? Xa se sabía, logo a noticia non é novidade! O chiringuito do Bng tiña argumentos miserables pero tamén tiña razón: votastes a Podemos (cabeceira da papeleta e moitos candidatos co partido a carón, clariño). Ou para que viñeron Pablo e Iñigo a facer campaña, para que os suma Podemos, para que preside Pablo o rolda de prensa? Non vedes o que non queredes ver! Nin asumides responsabilidades, xa o sabiades e tiñades o pacto con Podemos amañado, pois agora nada de choromicar. Sodes como os do Bng que tanto odiades: no lugar de ver os erros propios ides de valentes culpando aos de fóra. Igual de patéticos, e o Breoganciño querendo situarse para quitarvos tallada de novo nas eleccións galegas, se o deixades, que a cambio de non se sabe que, vos deixaredes...

14 Chousinha

Haberá lesmas, enroscadas no seu caracol quente da UPG, celebrando que as Mareas non teñan grupo, certo! Do mesmo xeito que houbo petardos de Anova mirándose ao espello mentres gozaban co fracaso de Nós-BNG, igual de noxento! O que evidencia que os capitáns do BNG e de Anova están cheos de odios, navalladas e traicións, e que non poden seguir marcando o rumbo do nacionalismo galego (tampouco os grumetes submisos, nin as marionetas teledirixidas). Imaxinade que o BNG entrase na coalición unitaria, agora serían deputados de Podemos! Ou que deixaran formar grupo galego, poderían votar os membros de Podemos galegos contra iniciativas do Podemos estatal, ou a de EU contra IU? A mentira da unidade xa se viu a quen serve: a Podemos e a IU. E a quen non beneficia: aos galegos. Os éxitos en votos de AGE e das Mareas son fracasos para o nacionalismo galego, son perdas para os galegos e son trunfos para o españolismo.

1 Chousinha

Ademais non son garantía de nada: no parlamento galego AGE xa é menor que o BNG, un perigo que cheguen a gobernar se xa non se entenden na oposición nin dentro da súa coalición, e no estatal mentiron aos electores, non hai grupo, nin podía habelo da forma que se presentaron ás eleccións. E a culpa non é do PPsoE e Ciudadanos, a culpa é aquí e agora de Anova que xa tiña vendido a súa alma a Podemos, estando avisados que de grupo galego nada. E do BNG, por suposto, a pureza da UPG leva á extinción, pero o importante é non perder o control do chiringuito. Nun país normal habería dimisións, pedirían perdón, e non aparecerían na prensa botando a culpa a terceiros do que son os seus erros e as súas mentiras como fai a Alexandra. E agarda polo PsoE de esquerdas, si muller, si... Cunha visión tan clara como a desta deputada imos aviados!

13 El Castigador

El verdadero fraude consiste en que un grupo minoritario se arrogue la representación de Galicia y de todos los gallegos. Hay más parlamentarios gallegos en el PP o en el PSOE que en esa mezcolanza de siglas de la Marea. Cada uno defiende los intereses de Galicia como mejor considera y nadie debe afirmar que sólo sus postulados son acertados y despreciar a los demás. Salvo que sus prejuicios fascistoides les dicten lo contrario.

1 PPSOETraidores

Defender os intereses de Galicia?PPSOE?JAJAJA Temos os soldos máis baixos e somos os que máis horas traballan no estado, pensións máis baixas, gasolina máis cara, producimos electricidade perdendo natureza da que se beneficia Madrid e Catalunya principalmente. Que o PPSOE son galegos? JAJAJA