O ex ciclón Kirk trae ondas de 7 metros e ventos de ata 120km/h

Avisos en case toda Galicia este martes por choiva, vento e temporal costeiro desde este martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2024 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

A chegada de 'Kirk' a Galicia este martes manterá a boa parte do territorio galego en aviso por intensas precipitacións e fortes ventos no interior e a costa; unha situación que empeorará de cara ao mércores.

Este martes, os avisos estarán activos, principalmente, na Coruña e Pontevedra, onde se esperan choivas de ata 80 litros por metro cadrado en 12 horas que manterá en alerta laranxa a totalidade do territorio das provincias salvo o interior coruñés.

No entanto, esta última zona xunto o sur de Ourense e as montañas de Lugo e Ourense estarán en aviso amarelo pola previsión de 40 litros por metro cadrado en 12 horas. O vento, con refachos de entre 70 e 80 quilómetros por hora, tamén obriga este martes a activar avisos. Será en toda a provincia da Coruña e na de Pontevedra, así como na Mariña luguesa e, de novo, a zona de montaña de Lugo e Ourense.

Os fortes refachos farán que este martes estea en aviso toda a costa de Galicia, salvo o litoral de Lugo, por ventos do suroeste de forza sete. De feito, só o interior da provincia de Lugo escapará de estar en aviso por temporal este martes.

A situación empeorará de cara á xornada do mércores, cando toda Galicia estará en aviso laranxa por choiva, vento ou temporal costeiro, coa excepción do litoral lugués, onde haberá unha alerta pero será de cor amarela.

ONDAS DE ATA SETE METROS

E é que a borrasca 'ex Kirk', orixinariamente o ciclón tropical 'Kirk', chegará ao noroeste da península entre a tarde do martes e o mércores, segundo avanzou o portavoz da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), Rubén drl Campo.

Así, dará lugar a un importante temporal marítimo en Galicia e o Cantábrico, con ondas de ata sete e seis metros respectivamente, ventos moi fortes en boa parte da Península, mesmo puntualmente con refachos tempestuosos, é dicir, superiores a 120 quilómetros por hora (km/h), e precipitacións xeneralizadas no norte e oeste peninsular, que en Galicia e en torno ao sistema central serán especialmente abundantes.

O furacan Kirk podería chegar á península como un profundo ciclón extratropical
O furacan Kirk podería chegar á península como un profundo ciclón extratropical | Fonte: meteored

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta