O San Martiño, "a carreira máis importante de Galicia", volve a Ourense o 10 de novembro cun novo percorrido

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2024 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A carreira pedestre popular de San Martiño, que organiza o Consello Municipal de Deportes de Ourense, regresará o próximo 10 de novembro cun novo percorrido homologado pola Federación Española de Atletismo.

A proba, que cumpre a súa edición número 47 foi presentada esta mañá no salón de plenos do concello ourensán, onde os organizadores apuntaron que, como cada ano, contará con seis categorías. A absoluta, con 10 quilómetros de traxecto, Sub-18, Sub-16 e Sub-14, co mesmo percorrido de cinco quilómetros, e 800 metros para Sub-12, Sub-10 e os participantes da carreira inclusiva.

A tradicional cita deportiva está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo, e a súa principal novidade este ano é que a carreira absoluta cambia de percorrido debido ás obras que se están levando a cabo na Avenida das Caldas.

Carreira do San Martiño / http://aventurasdeundominguero.blogspot.com/
Carreira do San Martiño / http://aventurasdeundominguero.blogspot.com/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta