Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2024 | Actualizada ás 15:35
O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, apoiou o paso dado polo seu partido en relación á querela no xulgado de instrución número 5 da Audiencia Nacional contra o PSOE por presunto financiamento ilegal, suborno e tráfico de influencias no marco do 'caso Koldo'. Anunciouno este domingo a secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra, en rolda de prensa na sede da rúa Xénova tras a reunión extraordinaria do Comité de Dirección do partido para valorar a resposta aos feitos coñecidos estes días sobre o 'caso Koldo'.
A preguntas dos medios na comparecencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda defendeu que "ante o carrusel" de informacións que transcenderon "o adecuado" neste momento é presentar unha querela contra o PSOE e non unha moción de censura (para a que os propios populares admitiron que a conxuntura política non lles favorece os apoios que permitirían que saíse adiante).
"Estamos a coñecer uns feitos, un carrusel no que non pode haber maior nivel de escándalo, con mil mentiras, mil versións distintas", esgrimiu, antes de incidir en que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, debería comparecer "o mesmo venres".
"E se nada disto é certo, tería que comparecer e explicar simplemente a verdade para acreditar que que todo o que sabemos nin é verdade nin lle afecta. Así non podemos seguir", defendeu Rueda, quen advertiu que sacar a relucir "que o PP estivo en situacións parecidas en épocas pasadas" cada vez que transcenden "novas mentiras" non permite "resolver nada".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.