Por Galicia Confidencial | Vilanova dos Infantes | 18/01/2016 | Actualizada ás 10:20
O caso do asasinato do párroco de Vilanova dos Infantes e do roubo dunha das imaxes máis veneradas e coñecidas de Galicia, a da Virxe do Cristal, aínda non está pechado a pesar da detención de dúas persoas ás que a Policía apuntaba como presuntos autores dos feitos.
A titular do Xulgado de Celanova (Ourense) decidiu este domingo deixar en liberdade aos dous acusados, emparentados entre si e de nacionalidade croata, detidos este fin de semana pola súa vinculación coa morte do párroco, Adolfo Enríquez.
De feito, os detidos non chegaron a prestar declaración, aínda que continúa o segredo de sumario. Ao chegar á sede xudicial algúns veciños increparon aos arrestados ao berro de "asasinos".
O caso abriuse en marzo do ano pasado cando foi atopado o corpo sen vida do sacerdote Adolfo Enríquez con signos de violencia e se coñeceu a desaparición da venerada imaxe da Virxe do Cristal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.