Pedro Puy entende a Vence cando di que a súa marcha é "motivo de liberación"

Di que lle desexa "o mellor no plano persoal" e ao BNG "que resolva as súas decisións programáticas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/01/2016 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

A Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, estanlle saíndo aliados inesperados logo do seu anuncio de que deixa todos os cargos orgánicos do BNG na Asemblea Nacional que esta formación celebrará este ano. Un deles é o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy.

Pedro Puy nun debate no Parlamento
Pedro Puy nun debate no Parlamento | Fonte: ppdegalicia.com

"Eu sei, porque son compañeiro de departamento do señor Vence, que cando di que para el pois supón un motivo de liberación volver á universidade sei que o di con sinceridade", dixo Puy ao ser preguntado polos xornalistas sen alcarar que supón, exactamente, esa "liberación".

"Desexarlle o mellor no plano persoal e desexarlle ao Bloque, como facemos con todas as forzas políticas, co máximo respecto, que resolvan tamén as súas decisións programáticas e orgánicas", dixo.

Unhas declaracións que chegan logo de que Vence anunciara a súa marcha en medio dun fondo debate aberto no BNG sobre a estratexia futura da organización frontista. Vence é partidario de abrir canles de conversa con outras formacións, nomeadamente, Anova e as mareas, para artellar unha gran fronte electoral de cara ás autonómicas. Unha postura a que se opón a UPG, partido maioritario agora no Bloque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Sigmund

Primeiro invéntanse una coalición consigo mesmos, agora invéntanse una discusión entre o BNG e a UPG, ousexa que discuten consigo mesmo. ¿Isto é normal desde un punto de vista psiquiátrico?

4 Pepòpterus Funk

Eu creo que os cartos das SICAV e os que estafaron os pro venezolanos deberían usarse para mercar un cento de coches de drift (de derrapar para os non postos) para poder facer unha potente marea e atraer os chonis porque son unha base social moi numerosa. Os que somos de boafamilia estamos moi contentos cos chonis porque non che poñen mala cara cando derrapas e fas moito fume. Ademais as chonis canto máis derrapas máis che aplauden e incluso podes pillar cacho facilmente. Ademais son limpas e depílanse non como as das mareas que son moi peludas e poden ter piollos segundo dixo a ilustre deputada sra Celia. Así incluso me apuntaba eu á marea...

1 afilia do pagador

Ben, hai quen se adicaba a botar fora do coche a tía coa que acababa de desfogarse ainda que a sua cabecilla non desfogaba ate facer esta falcatruada cando podía con algunha beoda. Pois esta maravillosa e sana mente segue dirixindo a nave co seu sorriso sardónico embelesando feministas. Xa ves a realidade dache na cara e superate, e millor iñorar moitas veces.

2 Antinostrus

A esa tal Celia (Incompetente e Indecente Ministra de Sanidade Casposa, no seu dia, onde as houber) haberia que dicer-lle aquello de : "Ti coida das túas Ladillas- a saber como terá esa ko na!, mimadriña!! -que eu xa o fago cos meus Piollos".......

3 balbino

JAJAJAJA Xa tardaba o compañeiro dos mil nomes que soamente sabe escribir SICAV jajajaja, explícanos dunha vez o que é unha SICAV e porque dis que esta participada por esta xente(que nom é certo) e de ser asi onde esta a vantaxes fiscais para estas personas. Que bonito queda usar termos que descoñecemos por completo pero con tal de enmerdar os demáis todo vale.

1 Milio da Fonsagrada

Balbino Jajajaja, que tanto repites Jajajaja, e ti mesmo te contradices "que nom é certo) e de ser asi", os datos son públicos, a quen lle tapas o rabo? Os impostos baixo mínimos (o 0,01% sobre o valor neto dos activos), as xestoras dos plans de pensións non tributan no imposto de sociedades, opacidade sobre participantes... E lembra, unha parte dos cartos eran PÚBLICOS, non gañados polos eurodeputados, e xa sabemos que non sempre voltan para España (van a outros paraisos fiscais, ou sexa que non tributan, que xa coñecemos o conto). A transparencia fai dano, houbo quen dimitiu e quen pediu disculpas, Camilo Nogueira escóndeuse e pechou o peto, e por riba manda o taparrabos Balbino Jajaja a botar fume. A ti a luz faiche pupa, por que será?

2 Todo pola Pasta

Luxemburgo e os paraísos fiscais son moi malos nos mitines do BNG, pero cando hai que onde trincar son os eurodeputados do Bloque son os primeiros. Cando non lle facían ascos aos regalos e cheques de Vendex, con tantos empresarios amigos, non son tan corruptos como o Partido Podre por non ter chegado a tanto poder

2 Milio da Fonsagrada

Comprendo a solidariedade do sobriño do Fraga co xenro de Camilo Nogueira. Non esquezamos o que comparten, pois a mesma filla de Fraga, Carmen, participaba na Sicav de Luxemburgo onde tamén poñíamos cartos todos os europeos para complementar a xubilación dourada de don Camilo. Agora só faltan os bons desexos doutros colegas no negocio, como Mayor Oreja, Rosa Díez, Arias Cañete, Montoro, Luis de Grandes, Méndez de Vigo, Valenciano, Rosa Miguélez...

1 Afilia do pagador

JAJAJA que pronto pide papas Vence, son todos así de floxos os upgueiros cando na vez de excretar son excretados