Galicia pide por unanimidade política ao Estado que "axilice" a homologación de títulos sanitarios extracomunitarios

Para iso, segundo o texto proposto polos populares na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego, traballarase "desde o consenso" coas comunidades autónomas e "en plena coordinación" cos sindicatos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2024 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou este xoves por unanimidade dos grupos (PP, BNG, PSdeG e Democracia Ourensana) unha iniciativa para pedir ao Goberno central que "axilice" a homologación de títulos de especialistas en Ciencias da Saúde que sexan extracomunitarios. Para iso, segundo o texto proposto polos populares na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego, traballarase "desde o consenso" coas comunidades autónomas e "en plena coordinación" cos sindicatos. A isto suma o "compromiso de garantir a seguridade" e as "condicións de calidade e as esixencias" de titulacións similares que se estenden na Unión Europea, tal e como recolle a proposición non de lei aprobada.

Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento galego
Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento galego | Fonte: PARLAMENTO GALEGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta