Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/11/2024 | Actualizada ás 20:05
O dispositivo con distintos efectivos da Garda Civil que buscaba na contorna do río Umia a un home de 48 anos de idade e veciño de Meis, en Pontevedra, que faltaba do seu domicilio desde o mércores da pasada semana foi desactivado tras ser localizado.
Segundo informaron fontes do instituto armado, trátase dunha desaparición voluntaria a pesar de que a súa familia denunciara o luns que faltaba do seu domicilio.
No operativo participan efectivos do Seprona, así como varias patrullas de seguridade cidadá e un helicóptero.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.