Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/11/2024 | Actualizada ás 17:19
O Partido Popular de Galicia reclamou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que deixe de "dar as costas" a Europa e aos gandeiros galegos e rectifique a súa postura sobre a protección do lobo, permitindo o control cinexético da especie para "garantir a supervivencia do sector primario" na Comunidade.
A formación lembrou que España, xunto a Irlanda, foi o único país que votou en contra de rebaixar o nivel de protección do lobo de "estritamente protexido" a unicamente "protexido" no Consello Europeo do pasado 25 de setembro. Un voto co que, consideran os populares, o Goberno de Pedro Sánchez e Teresa Ribeira quedou absolutamente "illado" en Europa.
O eurodeputado Adrián Vázquez e o coordinador de Medio Rural do PPdeG, Avelino Souto, abordaron esta cuestión durante unha visita á Leira Enxebreza, unha explotación gandeira de equino e bovino na Serra do Xistral, en Vilalba.
Na visita, da que informou o PPdeG nun comunicado, reclamaron un "control cinexético" do lobo para axudar aos gandeiros galegos a evitar as perdas económicas ou o peche das súas explotacións a consecuencia dos "ataques constantes do lobo".
O PPdeG asegurou que esta é a liña que defenden a maioría dos países europeos e a propia Comisión para facer fronte ao problema de sobrepoblación do lobo. "Un problema que afecta especialmente a Galicia, onde unhas 2.800 reses pereceron o pasado ano a consecuencia dos ataques dunha especie que o PPdeG consideran que "non está en perigo de extinción, senón de expansión".
Ante esta situación, o eurodeputado Adrián Vázquez anunciou qeu proporá no Parlamento europeo a reapertura e actualización dos Directiva Hábitats comunitaria que, segundo indicou, non se modificou desde 1992, como "condición indispensable para controlar mellor a presencial do lobo no territorio".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.