Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2024 | Actualizada ás 13:29
O pesqueiro 'Praia de Bares', no que se atopaban oito tripulantes, necesitou ser remolcado a terra tras quedar sen goberno na ría de Ortigueira durante a noite do pasado luns.
Segundo informa Salvamento Marítimo, o pesqueiro necesitou asistencia cando se atopaba a 2,7 millas de cabo Ortegal. A coordinación da emerxencia levou a cabo polo Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra.
De tal forma, foi a embarcación Salvamar Shaula a encargada de remolcar ao barco a Cariño. A 'Praia de Bares', con base en Cedeira, é un volantero de 18,5 metros de eslora, dado de alta en 2001.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.