As obras do Mestre Mateo toman o Prado

O artista do Pórtico da Gloria terá un lugar especial no museo da capital do Estado coas sete pezas que o mestre fixo a tamaño natural.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 04/02/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Mestre Mateo terá un lugar especial no Museo do Prado. Será en forma de exposición coa presenza,  "por primeira vez", das sete pezas de tamaño natural creadas polo artista e que formaban parte do antigo Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela.

Restauración do Pórtico da Gloria
Restauración do Pórtico da Gloria | Fonte: Fundación Barrie

Deste conxunto, dúas destas pezas atópanse actualmente no Museo de Pontevedra, tres están en coleccións privadas e outras dúas na balaustrada da catedral. Estas últimas, antes de ir a Madrid, serán restauradas debido ao seu deterioro.

O presidente da Real Academia Galega dás Belas Artes, Manuel Quintana, explicou que esta mostra, que está "en vías de desenvolvemento", será o último acto que a academia celebrará en honra ao escultor, ao que dedicou o pasado ano o Día das Artes Galegas.

En rolda de prensa, Quintana avanzou ademais que o acto oficial do Día das Artes Galegas 2016, que este ano está dedicado Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, terá lugar no Museo de Pontevedra o próximo 1 de abril. Con este fin, a entidade promove outras dúas exposicións: unha do "Castelao grafista" no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago e outra sobre o "Castelao editor", que viaxará polos 90 Institutos Cervantes do mundo.

Estdio da Policromía da restauración do Pórtico da Gloria
Estdio da Policromía da restauración do Pórtico da Gloria | Fonte: Fundación Barrie
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta