Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/11/2024 | Actualizada ás 18:52
O poeta Gonzalo Hermo gañou o XXII Premio Miguel González Garcés de poesía da Deputación da Coruña, segundo informa a institución provincial. Hermo resultou gañador coa súa obra 'Un xesto de tenrura' nunha edición que contou cun total de 129 propostas, das que o xurado destacou a súa "elevadísima calidade".
Da obra gañadora, o xurado resalta que propón "unha poesía introspectiva e depurada, onde o linguaxe se achega á súa forma máis pura, eliminando excesos e retóricas para lograr unha obra de precisión sensorial". Ademais, destaca que ofrece "unha experiencia poética completa, cunha estrutura ben meditada que conxuga a beleza da palabra coa profundidade do pensamento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.