Temas: AIRBUS FOLGA

O Parlamento galego apoia aos 8 de Airbus

A Cámara di que vai “utilizar todos os medios” ao seu alcance “para defender o dereito á folga e os demais dereitos de traballadores”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/02/2016 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Os coñecidos como  os 8 de Airbus, os sindicalistas acusados de varias lesións a policías, recibiron este mércores o apoio de todos os grupos do Parlamento de Galicia.

Os oito traballadores de Airbus acusados de agresión durante unha manifestación de traballadores
Os oito traballadores de Airbus acusados de agresión durante unha manifestación de traballadores | Fonte: publico.es

Nun escrito, a Cámara galega mostra no seu escrito o seu respaldo aos sindicalistas "na confianza da súa honradez" e "no recoñecemento do seu longo labor durante anos, que reportou beneficios á empresa e ao conxunto de traballadores e traballadoras".

Ademais, a declaración destaca que o Parlamento se compromete "a utilizar todos os medios” ao seu alcance “para defender o dereito á folga e os demais dereitos de traballadores e traballadoras e a liberdade de expresión da cidadanía".

Estes oito sindicalistas están acusados de varios delitos de atentado, lesións e contra o dereito dos traballadores, polos que a Fiscalía pide para cada un deles penas de oito anos e tres meses de prisión.

Temas: AIRBUS FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta