Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2024 | Actualizada ás 14:12
Comisións Obreiras (CC.OO.) cifrou entre un 80% e un 85% o seguimento en Galicia da folga de transportes de viaxeiros, que levará a cabo este xoves e venres a nivel estatal.
Así, fontes do sindicato consultadas por Europa Press reivindicaron que está a ser "todo un éxito", asegurando que, a pesar de que aínda é "difícil" ter un dato "preciso", durante esta mañá "na maior parte das capitais galegas só funcionaron os servizos mínimos".
Mesmo, segundosinalaron, estes servizos mínimos tiveron algunha "dificultade", pois saíron con atraso. Polo demais, subliñaron que a xornada está a transcorrer con "tranquilidade" e "sen incidentes". "Polo menos, non tivemos ningún reporte respecto diso", explicaron as mesmas fontes.
CC.OO. lamentou que sindicatos como UGT finalmente decidisen desconvocar a folga tras chegar a un acordo con dúas patronais empresariais no cal os traballados do transporte de viaxeiros saen "prexudicados", en comparación co asinado noutro tipo de transportes. "Non pode haber condutores de segunda clase", criticaron.
Pola contra, CXT sumouse nos últimos días á folga, convocándoa tamén para o transporte de mercadorías por estrada, aínda que neste caso o resto de sindicatos si alcanzou un acordo, polo que non a apoiaron.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.