A Montaña de Lugo e Ourense rexistra xeadas e temperaturas por baixo dos 0º

Baleira e Muras acumularon precipitacións de máis de 25 litros por metro cadrado.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/12/2024 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte da provincia de Ourense e a montaña de Lugo. A temperatura mínima marcouna Manzaneda, con case 5 graos baixo cero.

En concreto, os medidores de Meteogalicia na cabeza de Manzaneda marcaron -4,7 ás 5.10 da mañá. Tamén se achegou a estes valores o municipio da Veiga, onde a estación situada en Xares marcou -4,3 graos ás 9.10 da mañá, e a de Corzos -3,9 ás 9.10 horas.

Os seguintes valores máis baixos tamén os anotou a provincia de Ourense. Os medidores situados en Vilela, en Verín, marcaron -3,5 ás 8.30 horas; os de Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, -3,3 ás 5.40 horas; e os de Viana do Bolo, -3,1 ás 9.10 horas.

Na montaña de Lugo, tamén se rexistraron valores negativos aínda que non tan baixos. Por exemplo, no alto do Cebreiro houbo mínimas de -1,2 graos. A pesar destas temperaturas tan baixas, a cota de neve manterase na contorna dos 1.000 metros de altitude.

Unha muller limpa a neve do seu coche, a 9 de decembro de 2024, en Pedrafita do Cebreiro, Lugo, Galicia (España). Un total de 12 comunidades autónomas están hoxe en risco (alerta amarela) por neve, choivas, ondada e fortes refachos de vento, en especia. Carlos Castro - Europa Press
Unha muller limpa a neve do seu coche, a 9 de decembro de 2024, en Pedrafita do Cebreiro, Lugo, Galicia (España). Un total de 12 comunidades autónomas están hoxe en risco (alerta amarela) por neve, choivas, ondada e fortes refachos de vento, en especia. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

NEVE

Por outra banda, comarcas de Lugo como Baleira ou Muras acumularon este luns precipitacións de máis de 25 litros por metro cadrado, na mesma xornada na que tamén en localidades lucenses caeron as primeiras folerpas de neve e rexistráronse temperaturas inferiores aos 2 graos negativos.

Segundo os valores recolleitos por Meteogalicia en canto a precipitacións, a maior concentración deuse na localidade lucense de Abadín, con 28 l/m2; seguida por Riotorto, con 26,6 l/m2; e da Pontenova e Baleira, con 26,5 l/m2 ambas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta